Rotundo rexeitamento do grupo provincial do PP “á inxustificable política do medo de PSOE e BNG na Mariña con respecto ás eleccións do domingo”

2e3d2d3f14c63bc712118fcea86082d0.jpg

PP de Lugo | 2020-07-09

O grupo provincial do PP, que ten por portavoz a Javier Castiñeira, expresa o seu “máis contundente rexeitamento á inxustificable política do medo que están aplicando socialistas e nacionalistas con respecto as eleccións do próximo domingo a conta do rebrote, xa baixo control, dos contaxios por covid-19 na Mariña”. Castiñeira di que PSOE e BNG pretenden utilizar politicamente, con fins claramente electorais, un problema que “non se pode politizar”.

 

Castiñeira sinala: “En representación de centos de concelleiros desta provincia e dos 30 alcaldes populares de Lugo, lamentamos de verdade o uso partidista e político das institucións que están facendo o Partido Socialista e o BNG en conxunto; un comportamento que creo que obedece a unha dinámica proposta por Caballero e por Pontón”.

 

Para o portavoz popular, un claro exemplo do que di “é o señor Cajoto, alcalde socialista de Foz e presidente da  mancomunidade (tamén outros alcaldes de PSOE e Bloque) que está pedindo que non se vote na Mariña; di falsamente que non se  dan as condicións, pero non parece que lle importe que no seu concello se poida ir a tomar unha cervexa a un bar cumprindo os requisitos, ao supermercado ou facer calquera outra actividade cotiá  que posiblemente teña máis risco que ir votar o domingo, porque é un acto que está altamente protocolizado, para velar pola seguridade dos que votan e dos que teñen que controlar a votación”.

 

Como exemplo da mesma dinámica impulsada por socialistas e nacionalistas, Castiñeira cita “ao señor  Iago Villamil, concelleiro do BNG en Foz, que fala como médico do Hospital da Costa, de cousas internas, que entendemos que se deben solucionar cos protocolos internos do Hospital; o resto é propaganda política”. Tamén di o portavoz popular: “Se actúa como voceiro do BNG no Hospital, o señor Villamil debe dicilo claramente; e se actúa como médico, faga o que ten que facer, e déixese de demagoxia, da política do medo e prime a liberdade e que a xente vai a votar en absoluta liberdade e coa seguridade de que o vai poder facer da forma máis segura”.