Tellado: “A crise sanitaria non pode ser unha escusa para desmantelar os servizos ferroviarios”

547790a6e99374f6e9c21479380bdc66.jpg

PP de Lugo | 2020-06-30

O secretario Xeral do PPdeG, Miguel Tellado, acompañado da candidata ás eleccións ao Parlamento de Galicia e voceira do PP en Monforte, Katy Varela, mantiveron este martes unha xuntanza con representantes dos sindicatos ferroviarios da cidade do Cabe.

 

Tellado manifestou así que “a crise sanitaria non pode ser unha escusa para desmantelar os servizos ferroviarios” por parte do Goberno de Pedro Sánchez, e adiantou que, no marco do proxecto político que representa Alberto Núñez Feijóo, seguirán demandando que Galicia e, dun xeito máis concreto Monforte, non siga perdendo servizos deste tipo.

 

“O Goberno de Sánchez ten sido negativo para Galicia e as infraestruturas do ferrocarril”. Tal é así que, subliñou, “seguimos sen ningunha certeza de confirmación das datas sobre as obras do AVE”. Tellado lembrou que “levamos meses denunciando o desmantelamento deste servizo, que se traduce na supresión dos trens hotel que conectan a comunidade con Madrid e Barcelona, a venta de billetes en varias estacións desta provincia, avarías e retrasos dos trens... Por iso, dende o PPdeG queremos ser moi claros”, engadiu.  

 

E é que, apuntou Katy Varela, “la decadencia de la zona, por la disminución del tráfico ferroviario y perdida de servicios es cada vez mayor. Por ese motivo, nos reunimos con el personal ferroviario para que Monforte no pierda el tren”, concluíu.