Tito Suárez reúnese co Ribadeo FC para trazas liñas de colaboración de cara á celebración do 70º Trofeo Emma Cuervo

821b5956e0e616458d174b6e35c82a91.jpeg

PP de Lugo | 2021-04-05

O coordinador de deportes do Grupo Municipal Popular de Ribadeo, Tito Suárez, e o voceiro popular, Daniel Vega, continúan cos pequenos encontros coas entidades deportivas do municipio.

 

Así, nesta ocasión, os populares reuníronse con representantes do Ribadeo FC para trazar as liñas de colaboración de cara a celebración da edición número 70 do trofeo Emma Cuervo, o vicedecano dos trofeos de verán en España.

 

A xuntanza tivo lugar nun marco incomparable como son as instalacións da fábrica de Sargadelos, icono da cerámica galega. “Desta maneira volvemos mesturar a cultura e o deporte”, segundo manifestou Tito Suárez.

 

Tito Suárez destaca a importancia de inxectar financiamento para o deporte e por iso “a colaboración das distintas administracións é fundamental”. Neste sentido, o coordinador de deportes explicou que “seguimos xestionando inversións para as entidades deportivas da nosa vila. Seguimos traballando, seguimos sumando”, conclúe.