Partido Popular de Lugo

“Un extraordinario equipo” acompaña a Felipe Labrada para ampliar os “24 anos de traballo que o PP leva facendo en O Corgo”

14, marzo, 2019. “Un extraordinario equipo” acompaña a Felipe Labrada para ampliar os “24 anos de traballo que o PP leva facendo en O Corgo”. Así o destacou o candidato popular no transcurso da presentación-mitin desenvolvido a última hora deste luns, e no que tamén interviron o senador electo, José Manuel Barreiro, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, e o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro.

 

A candidatura que lidera Labrada está formada por catorce candidatos, dos que os postos seis, sete, oito, nove e dez son novas incorporacións, o que representa unha renovación do 35%. Deste xeito, os populares, ademais de dar a coñecer a lista, avanzaron os principais eixos do programa co que gobernará a partir do día 26 se acadan a confianza da veciñanza ese día nas urnas, ao tempo que fixeron balance do trabalo realizado.

 

Neste senso, o alcaldable do PP destacou que o Concello está rematando o Punto de Atención á Infancia (PAI) co obxectivo de que entre en funcionamento no mes de setembro coincidindo co vindeiro curso escolar. En relación aos servizos sociais aos maiores, Labrada destacou a profesionalidade das traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF)” e o apoio da Xunta a este servizo a través achegas coas que sufragar o incremento de horas de atención aos nosos maiores. A este respecto, apuntou que “debemos seguir achegando este servizo ás persoas que o demanden” como “tamén debemos continuar a mellorar outros servizos básicos, coma as vías de comunicación”.

 

Labrada, que dende o 1999 é tenente de alcalde do municipio, sumando así un total de 28 anos como membro da corporación local, sinalou que “un dos principais obxectivos de cara ao vindeiro mandato debe ser o traballo para conseguir que a xente quede a vivir aquí no Corgo”. Para iso “ofreceremos distintos servizos aos nosos veciños como pode ser a habilitación de vivendas sociais”. Pero tamén avanzou, en materia de emprego, “a creación dunha viveiro de empresas” e “a procura de apoios para a creación dun polígono industrial no Corgo”.

 

Máis de 3 millóns achegou a Xunta ao Corgo no 2018

O Goberno da Xunta destinou no pasado ano 2018 algo máis de 3 millóns de euros ao Concello do Corgo. Concretamente, o alcaldable destacou os preto de 2,4 millóns de euros en axudas agrogandeiras das que se benefician, maioritariamente, agricultores e gandeiros de xeito directo e que supoñen, polo tanto, un gran impulso á actividade agrícola deste municipio.

 

Dos preto de 620.000 euros que a Xunta de Galicia destinou ao Concello destacan os 248.000 euros do Fondo de Cooperación Local. Labrada puxo en valor tamén que “o Goberno de Feijóo impulsou a eliminación de vertedoiros incontrolados con 33.000 euros, dirixiu máis de 56.000 a políticas de emprego e máis de 32.000 para mellorar o colexio”.

 

Candidatura completa

  1. Felipe Labrada Reija. Arxemil

  2. Marcos Trashorras Reija. Pedrafita

  3. José Luis Fernández López. Cela

  4. María del Mar Gómez Gómez. Marei

  5. María Jesús Álvarez Fole. Alto Gomeán

  6. Pedro Fernández Reija. Arxemil

  7. David Rodríguez Lodeiro. Marei

  8. Marta Arias López. Cerceda

  9. María Soledad López Pérez. Escoureda

  10. María Ángeles Santos Ballón. Donalbán

  11. José Antonio Ferreiro González. Laxosa

 

Suplentes:

 

  1. Montserrat Fernández Tella. Lousado

  2. Ana María Mera López. Marei

  3. José Luis Ferreiro Fouce. Paradela