Os populares consideran que Vrio Pack “é un exemplo do compromiso empresarial coa sociedade lucense na crise sanitaria”

b0a3f924cec3ce830ddc497c6d6886fd.jpg

PP de Lugo | 2020-06-27

Os candidatos ás eleccións autonómicas do 12 de xullo por Lugo, Elena Candia, Cristina Sanz e José Manuel Balseiro, participaron esta tarde nunha visita á Vrio Pack. Esta empresa, de gran importancia na cidade, fabrica bolsas de papel e, polo tanto, aposta polo sistema sustentable e ecolóxico, aproveitando o nicho de mercado que se abre coa progresiva eliminación das bolsas de plástico e, pola outra, adáptase á situación actual, promovendo a produción de 300.000 máscaras diarias.

 

“É un exemplo do compromiso empresarial coa sociedade lucense na crise sanitaria”, manifestou Candia logo de coñecer de primeira man o proceso que a entidade levará a cabo nas vindeiras semanas. Neste senso, a cabeza de lista defendeu que “a realidade que nos deixa a pandemia fai máis necesaria ca nunca a colaboración da iniciativa pública e privada, á que sempre apelamos dende o Partido Popular. En Galicia, a Xunta liderou notablemente a desescalada e, en Lugo, con esta empresa, vemos como a reactivación será máis rápida se todos arrimamos o ombro”, precisou.

 

 

XESTIÓN ÁXIL DA XUNTA

No marco desta colaboración levada a cabo polo Goberno de Feijóo, a popular cifrou en  máis de 1,3 millóns as unidades de protección que se achegaron aos concellos da provincia e ás residencias públicas e privadas. Destas, 594.500 foron tamén máscaras.

 

“Foi un esforzo extraordinario porque así o requiriu tamén a propia situación. Cremos que a xestión en Galicia foi moito máis áxil que noutras comunidades”. Proba delo, engadiu, “é que o 88% das máscaras distribuídas nas catro provincias foron a conta da do Goberno autonómico mentres que o Goberno central tan só aportou o 12% restante”. Todo elo, engadiu, sen ter en conta que se contrataron 3.000 sanitarios para reforzar a atención a pacientes; se deron axudas aos autónomos, empresas e parados para paliar os danos da crise; ou se realizou un estudo epidemiolóxico pioneiro que, xunto coa realización de test PCR, permitiu controlar con máis eficacia o virus e dar máis tranquilidade e seguridade á poboación”.

 

UNHA EMPRESA REFERENTE

Vrio Pack instalará nunha nave de O Ceao a produción de sistemas de protección individual tanto cirúrxicas como FFP2, converténdose así nun referente de como ante momentos difíciles se hai que reinventar. O certo é que esta empresa xa o leva facendo de hai anos coa produción de bolsas de papel para substituír as de plástico en supermercados e comercio. Os populares puxeron así en valor a capacidade emprendedora do seu dirixente, pois en todo o país só hai media ducia de fábricas deste tipo.